As ligas galegas de natación tinguen de cor Ponte Muíños
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Complexo Deportivo Rías do Sur acolleu o pasado sábado a segunda xornada das ligas galegas benxamín e alevín e a primeira da Liga Promesas, coa presenza de máis de 100 nadadores.
A xornada deportiva contou coa participación dos clubs Salnés, Ponteareas, Sanxenxo, Vilagarcía e o anfitrión, o Club Natación Galaico.
Cunha nutrida presenza de público a competición serviu para poñer en marcha a campaña de recadación de fondos en favor de Rede Axuda.
No aspecto deportivo, a pesar da temperán momento da tempada, destacaron as marcas logradas en categoría alevín, con dous nadadores a escasos segundos de conseguir a mínima para o campionato de España e máis deportistas logrando o tempo necesario para o campionato galego de verán.
Á espera dos resultados oficiais, o Galaico ocupa nestes momentos a quinta posición na Liga Galega Alevín.