29 de xullo, data para unha nova edición da carreira +10 Manuel Rosales
Por Redacción
A carreira +10 Manuel Rosales volve desputarse este ano, o venres 29 de xullo. Unha nova oportunidade de unir práctica e historia deportiva, da que xa está aberto o proceso de inscrición.
A proba absoluta será ás 22.00 horas e terá saída desde a Avenida de Ourense e chegada á Alameda Rosalía de Castro. O percorrido terá unha distancia de 10 quilómetros totalmente planos, sen desniveis e homologado pola Real Federación Española de Atletismo.
As categorías escolares comezarán ás 20.40 horas, coa categoría de biberóns (1-2 anos). Esta categoría, así como a de pitufos, prebenxamín, benxamín e alevín non serán competitivas. No resto, haberá premios para os tres primeiros de cada categoría.
A proba absoluta ten un custe de 6 euros ata o 24 de xullo ás 23.59 horas, a partir desa data a inscrición subirá aos 8 euros. O 27 de xullo rematará o prazo de inscrición. No que respecta aos menores, a inscrición será gratuíta, así como para aos pertencentes aos clubs de atletismo de Marín, sempre e cando fagan a súa inscrición antes do 17 de xullo.
Para as inscricións anteriores ao 24 de xullo, a recollida de dorsais poderá ser anticipada, na Tenda Miller, da Rúa Peregrina, 6, en Pontevedra, do 26 ao 29 de xullo. Para o resto, poden collerse na Alameda o venres de 12.00 a 14.00 e de 15.00 a unha hora antes da saída de adultos.
Pode solicitarse máis información chamando ao 986843562 ou no correo electrónico milerunningclub@gmail.com
Relacionadas:
-
Marin volve ao primeiro plano atlético coa recuperación da +10 Manuel Rosales
Por Redacción |
-
A VII Festa do Atletismo Galego volverá ao CGTD este mércores
Por Redacción |
-
Gómez Noya, Mario Mola e Jonathan Brownlee caen da lista de saída para a Copa do Mundo de Tríatlon de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A grovense Lara Lois revalida o título galego de XCO
Por Redacción |