Valioso e meritorio empate do Arosa (0-0) en Cerceda
Por Redacción
Segue sen coñecer a derrota o Cerceda. Nesta ocasión conseguiu salvar os mobles a pesar de xogar boa parte do segundo tempo en inferioridade por unha absurda expulsión de Granada antes de irse ao descanso, compensada nos últimos minutos pola do arosista Álex Freire.
O empate sen goles fai xustiza aos méritos de ambos os dous equipos. Moito fútbol na zona ancha, que case sempre morría ao chegar ás respectivas áreas.
Munín, nun remate de cabeza tras o saque dunha falta, tivo a mellor oportunidade visitante no primeiro tempo, no que o Cerceda estrelou un remate na madeira.
Pablo Pillado debutaba no Arosa na segunda parte, substituíndo a Vixo, que se retirou lesionado, e o equipo de Piscis fixo valer a súa superioridade numérica para dominar o partido.
Piscis fixo reaparecer a Quique Cubas, tras a súa lesión de xeonllo, buscando maior profundidade en ataque, pero a inmediata expulsión de Álex Freire permitiu ao Cerceda volver facerse co control do partido, e de feito puido levarse os tres puntos no remate de cabeza de Caridade, dende moi preto, que salvou Jorge Pérez.
C.C.D. CERCEDA (0): Diego; Noé, Juan, Marcos Caridad, Peke (Felipe, min. 85), Angeriz, Granada, Peloto, Herbert, Cano e Dani (Jacobo Eibe, min. 68).
AROSA S.C. (0): Jorge Pérez; Santiago, Álex Freire, Martín, Alfonso, Munín, Nando, José Ángel, Ramón (Quique Cubas, min. 68), Vixo (Pablo Pillado, min. 46) e Eloy (Juanjo, min. 92)
Árbitro: Saúl López Parga (Lugo). Expulsou a Granada, do Cerceda, no minuto 45, por dobre amoestación e ao arosista Álex Freire, no minuto 78. Amoestou a Peke e Felipe, do Cerceda e a Nando e Munín, do Arosa.
Incidencias: Campo do Roxo (Cerceda). Uns 250 espectadores.