Lydia Pérez despídese dos Xogos do Mediterráneo cunha medalla de bronce
Por Manu Otero
A loitadora pontevedresa Lydia Pérez márchase de Alxeria con bo sabor de boca. Despois de quedar ás portas da final, a deportista do CGTD demostrou todo o seu potencial na final polo bronce ao impoñerse nun igualadísimo combate á loitadora local Mastoura Soudani por 11 a 13 puntos.
O combate non puido ser máis emocionante. A balanza decantouse nun primeiro momento ao lado da loitadora alxerina, que comezou o primeiro asalto anotándose cinco puntos técnicos en dúas brillantes accións. Con todo, Pérez soubo repoñerse e antes de terminar o primeiro round logrou darlle a volta ao marcador anotándose seis tantos en tres acciones distintas.
As tornas cambiáronse no segundo asalto. Lýdia Pérez, que non estaba disposta a irse a casa sen a súa merecida presea, subiu a intensidade e puxo terra polo medio con outros seis puntos consecutivos.
Pero cando parecía que tiña o triunfo no peto, Soudani reaccionou e volveu meterse na pelexa con dúas accións de 4 e 2 puntos cada unha. Ao final, a pontevedresa foi capaz de soportar a presión e anotar un definitivo tanto final con sabor a bronce.
A pesar do éxito, a mala sorte privou a Lydia de obter un resultado aínda mellor. A derrota do primeiro combate condenouna a ir polo lado máis esixente do cadro e medirse en semifinais á potente loitadora tunisiana Marwa Amri que se colgou o ouro despois de vencer tamén con claridade á francesa Douarre por 2 a 9 nunha final na que se enfrontaron as dúas únicas loitadoras que foron capaz de vencer á pontevedresa Lydia Pérez.
Relacionadas:
-
Lydia Pérez di adeus ao Mundial na rolda clasificatoria tras un duro sorteo
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez viaxa a Suecia para preparar o Campeonato do Mundo de loita
Por Redacción |
-
Lydia Pérez abónase ao bronce cun terceiro posto no Gran Premio de España
Por Redacción |
-
O Gran Premio de España, parada de Lydia Pérez tras o seu bronce nos Xogos do Mediterráneo
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A tenista arousá Jéssica Bouzas consegue un ouro e un bronce nos Xogos Mediterráneo
Por Manu Otero |
-
Lydia Pérez cae nas semifinais dos Xgos do Mediterráneo e loitará polo bronce
Por Manu Otero |
-
Lydia Pérez cólgase o bronce nas series mundiais de loita praia
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |