Un mal primeiro cuarto condena o Arxil ante o ADBA Avilés (61-78)
Por Redacción
Partido con pouca historia entre Arxil e ADBA Avilés no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (61-78).
As verdes víronse superadas claramente polo seu rival nun primeiro cuarto no que a renda avilesina ascendeu aos 12 puntos (16-28).
A partir de aí o conxunto visitante limitouse a controlar a súa vantaxe, que mesmo chegou a incrementarse.
O cadro adestrado por Mayte Méndez só pareceu reaccionar tras o descanso, pero foi un espellismo ante un equipo, o ADBA, que se mostrou superior ás verdes.
Con esta derrota o Arxil queda na undécima e penúltima posición da Liga Feminina 2 cun partido gañado e catro perdidos.
CB ARXIL (61): Ana Martín (7), Carla Fernández (3), Andrea Carrera (2), Cristina Díaz-Paché, Tajay Ashmeade (20) - cinco inicial- Sandra Entenza (1), Jara Tuda (4), María Lago (16), Fany López, María González (8).
ADBA AVILÿS (78): Pamela Moral (10), Belén Mejias (11), Anna Boleda (24), Debora Abreu (10), Lara Fernández (12) -cinco inicial- Paula Guijo (4), Covadonga González (2), Sara Fernández (3), Carlota Ruiz (2), Cecilia Ruiz.
Árbitros: Cubero Rodríguez e Estévez Estévez. Descalificaron a María González no Arxil e a Pamela Moral e Lara Fernández no ADBA.
Parciais: 16-28, 12-15, 14-11, 19-24.
Incidencias: Partido da quinta xornada da Liga Feminina 2 disputado no CGTD de Pontevedra.