Non foi rival o Pabellón Ourense para o Cisne (42-33) nun partido con moitos erros defensivos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As frouxas defensas de ambos os dous equipos e os erros marcaron un partido no que o Cisne non tivo problemas para levarse a vitoria grazas ao seu maior acerto no lanzamento.
O equipo ourensano só aguantou os 15 primeiros minutos de partido. A partir de aí un parcial favorable de 6-2 permitiu aos de Edín Covelo adquirir unha cómoda vantaxe no marcador que soubo ir administrando cun intercambio de goles e pouco rigor dos sistemas defensivos.
Os visitantes conseguiron achegarse antes de irse ao descanso, pero na reanudación foron perdendo fol para rematar o partido coa máxima diferenza do choque.
CISNE (42): Edu; Chan (5), Gestido, Rafa Dasilva (7), Pablo Picallo (4), Pablo Rey (2), Miguel Simón (2) -sete inicial-, Juan (p.s.), Yago (p.s.), David López (4), Carlos Rodríguez (3), Andrés Sánchez (2), Iván Abelleira (7) e Javier Vázquez (6).
PAVILLÿN OURENSE (33): David Neves; Fran Varela (4), Álex Ruiz (2), Quintas (8), Xurxo Pérez (3), Alberto Diz (6), Borja Pérez (4) -sete inicial-, Diego Martí (p.s.), Jorge Noguerol (3), David Sabas, Campos, Víctor Novoa, Jorge Rodríguez e Julio Martí (3).
Árbitros: Fernández Merino e Fagúndez Pérez (Colexio castelán-leonés). Excluíron por dous minutos aos xogadores locais Pablo Rey, Miguel Simón, David López (2) e Carlos Rodríguez (2), e polos visitantes a Álex Ruiz, Xurxo Pérez, Borja Pérez e Julio Martí (2).
Marcador (cada cinco minutos): 2-3, 3-6, 7-7, 13-8, 16-12, 19-16 (descanso), 22-18, 25-21, 30-25, 33-27, 37-31 e 42-33 (final).
Incidencias: Pavillón do CGTD (Pontevedra). Uns 100 espectadores.