![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/528f5791cb1d2-10991727365_ff0d52d4df_o.jpg)
© María Muíña / www.sailingshots.es
Náutico de Sanxenxo e Team Campos crean a primeira escola de vela oceánica
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Real Club Náutico de Sanxenxo converterase na primeira instalación náutica de España en contar cun curso de vela oceánica.
A iniciativa, posta en marcha polo Náutico e o Team Campos, contará cos regatistas Antonio Cuervas-Mons "ÿeti", Pablo Arrarte, Juan Pinacho e Diego Fructuoso, que entre eles suman en total cinco volta ao Mundo.
As instalacións do club acollerán as clases teóricas mentres que as clases prácticas se desenvolverán no VO 70 Telefónica Negro, un barco de máis de 20 metros de eslora deseñado para a Volvo Ocean Race 2008-2009.
Segundo recoñece un dos regatistas, Antonio Cuervas-Mons, o obxectivo é que "a xente navegue coma se fose unha xornada de adestramento profesional. Poderán navegar ao cen por cen nun barco dese tipo e con regatistas profesionais, é unha oportunidade única".
O primeiro curso, con tres xornadas de duración, celebrarase entre o 6 e o 8 de decembro cunha estrutura que se divide nunha clase teórica e a parte práctica, sendo esta última aproximadamente o 90% do total.
A organización pretendeorganizar grupos de entre 12 e 14 persoas, sen que sexa necesario contar con coñecementos previos de vela.
Os interesados poden solicitar máis información a través do correo electrónico cursov70@teamcampos.es.