Nico Marina, o neno que asombra a España no Nacional Infantil de Baloncesto de Marín
Por Diego Espiño
Marín goza esta semana da emoción do Campionato de España Infantil Masculino de Baloncesto, un torneo que está a ter un nome propio nun mozo xogador estremeño que está a asombrar polo seu rendemento.
Trátase de Nico Marina Parra, base-escolta do Sagrado Corazón Lithium Iberia de Cáceres, toda unha sensación para os afeccionados ao deporte da canastra ao estar a conseguir unhas cifras que asustan.
Este martes, no o último encontro da fase de grupos e que serviu para que o seu equipo certificase o pase aos oitavos de final vencendo o Porriño Baloncesto Basee na prórroga (101-108), Marina desmarcouse cunhas estatísticas de nada máis e nada menos que 74 puntos, 29 rebotes e 90 de valoración, en 45 minutos na cancha. Toda unha barbaridade.
As súas cifras completáronse cun 26/37 de acerto en tiros de dous puntos, 2/7 en triplos e 16/20 en tiros libres, engadindo tres asistencias, tres recuperacións e 11 perdas, no que foi o seu único lunar.
Pero a súa exhibición non queda aí, xa que comezou o campionato sumando 39 puntos, 17 rebotes e 35 de valoración ante o Calahorra (triunfo por 29-80) e subiu o nivel na segunda xornada nunha nova vitoria do seu equipo contra o Grupo 76 Alkasar (103-60), partido no foise ata os 58 puntos, 20 rebotes e 72 de valoración, chamando a atención da Federación Española de Baloncesto, que compartiu un vídeo das súas mellores xogadas.
#FEBInfantilM2022: Está siendo uno de los jugadores del campeonato
— CompeticionesFEB (@CompeticionFEB) June 7, 2022
Ayer, Nicolas Marina (@SagradoCoraznCC): 58 pts, 20 reb, 72 val
Así se vivió en https://t.co/FSIfezf4OL pic.twitter.com/GCfnlO1iZW
Todo con apenas 13 anos, e á espera de que avance un Campionato de España Infantil que encara desde este mércores as súas eliminatorias, nas que o Sagrado Corazón de Cáceres medirase ao Unicaja.
O resultado poco importa, porque o Nacional que se está disputando en Marín xa atopou á súa figura.