Moral por todo o alto para un Arxil que pretende sumar o seu segundo triunfo consecutivo ante o ADBA Avilés
Por Redacción
Despois de estrear o seu marcador de vitorias o Arxil quere confirmar a súa progresión asinando o segundo triunfo consecutivo na visita a Pontevedra do ABDA Avilés (Sábado 19:30 horas no CGTD).
As verdes, coa moral polas nubes tras impoñerse ao Pabellón Ourense na cuarta xornada da Liga Feminina 2, enfróntanse a un equipo que tras gañar os seus dous primeiros compromisos ligueiros ante Cortegada e Oviedo, encadea dúas derrotas (Celta e Aros de León).
Pola súa banda o Arxil experimentou unha clara melloría dende as primeiras xornadas, cando caeu ante Ferrol, Ensino e Badaxoz. Agora, tras gañar ao Pabellón os enteiros arxilistas cotizan á alza, en especial co rendemento da xamaicana Tajay Ashmeade, MVP da última xornada.
A pivot alcanza 17 puntos, 15 rebotes e 20 de valoración por partido, cuns números que no último encontro ascenderon aos 28 puntos, 22 rebotes e 43 de valoración.