O Pontevedra desprázase a Cuntis para unha dobre sesión de adestramento
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/851/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/535a766513-20131119-patxot-pontevedra-fc-191.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/904/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/535a7643ce-20131119-patxot-pontevedra-fc-286.jpg)
© Mónica Patxot
Cuntis acolleu este martes unha dobre sesión preparatoria para un Pontevedra Club de Fútbol que ve como se baleira pouco a pouco a enfermaría.
O groso do primeiro plantel exercitouse ás ordes de Manu Fernández no campo das Canteiras, de herba natural, unha sesión na que destacou a inclusión no grupo, ao mesmo ritmo que os seus compañeiros, dos toucados Benja e Fran Fandiño, aínda que este último cun pouco máis de precaución.
Tamén mellorou substancialmente Pablo Lede, xa coa alta médica, que aproveitou para coller ritmo con 60 minutos de xogo no partido organizado de xeito simultáneo a poucos metros do adestramento.
Alí, no campo da Ran un combinado de xogadores do primeiro equipo granate e futbolistas do filial enfrontouse á Selección Galega sub-18, á que venceu por 4-0 con goles de Cuesta, Richi e Buba (2).
O ausente da xornada foi o centrocampista Javi Otero, que se resentiu o luns dunhas molestias nos isquitibiais.
Se espera que Otero se reincorpore ao grupo ao longo da semana, deixando nese momento a Tubo como único lesionado despois de varias semanas nas que Manu Fernández se viu obrigado a botar man do segundo equipo para completar as convocatorias ante a escaseza de efectivos que sufría.
REUNIÿN DO CONSELLO COS ABONADOS
A reunión informativa convocada polo consello de administración cos subscritores celebrarase o mércores, día 20, ás 20 horas. O acto terá como escenario o Auditorio do Pazo da Cultura, e neste o presidente, José Manuel Fernández, abordará e dará resposta a todas cantas cuestións desexen formularlle os socios sobre a situación e a actualidade do club.
Para poder asistir á reunión será necesario idenficarse na entrada, ademais de acreditar a condición de abonado coa presentación do correspondente carné de socio da presente tempada.