Campelo celebra a 33 edición de tradicional Maratón de Fátima
Por Redacción & Cristina Saiz
A tradicional e emblemática Maratón de Fátima regresou a Campelo este sábado 14 de maio coa celebración da 33 edición.
Nela participaron máis de 200 corredores de todas as idades, que pudieron desfrutar dunha xornada lúdica e variada con toda a veciñanza.
Comezou a xornada a partir das 18:00 horas coa carreira dos máis pequenos, que tiñan por delante un percorrido de entre 400 aos 1.200 metros.
Despois chegou o turno da categoría absoluta, cun percorrido de 5 quilómetros que partiu e finalizou na Praza da Granxa. Os corredores atravesaron As Cachadas, Beiramar, O Cruceiro, parte da senda da Ostreira, Eirados e de novo Beiramar, ata finalizar na praza pública.