Os equipos femininos do CW Pontevedra e TM Monte Porreiro xóganse o ascenso a Primeira
Por Redacción
Dous equipos da cidade poden dar o salto este sábado á máxima categoría das súas respectivas disciplinas deportivas. Trátase dos equipos femininos do Club Waterpolo Pontevedra e do Tenis de Mesa Monte Porreiro que disputan na tarde deste sábado os partidos decisivos das súas fases de ascenso.
O que máis fácil teno é o CW Pontevedra que se despraza a Murcia para defender a renda de 18 tantos lograda a pasada semana na piscina da Escola Naval Militar de Marín na que derrotaron ao CW Murcia por 20 a 2.
Ás 16:30 horas comezará o partido que decidirá o ascenso Primeira Nacional Feminina de Waterpolo. Sen confiarse nin relaxarse o conxunto formado polas xogadoras pontevedresas e ourensás sairán a por o partido buscando certificar un ascenso que sería histórico para o waterpolo galego. E farano arroupadas por un nutrido grupo de afeccionados e familiares que se atopan xa de camiño ao sur.
Pola súa banda, o Tenis de Mesa Monte Porreiro xogarase o ascenso na localidade madrileña de San Sebastián de los Reyes. As pontevedresas están clasificadas directamente para a semifinal, prevista para este sábado ás 17.30 horas, e serán novo equipo de Superdivisión se logran a vitoria.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro perde ante o Sant Cugat e despídese do ascenso (4-0)
Por Almu Dapena |
-
O Waterpolo Pontevedra xa é equipo de Primeira Nacional (4-17)
Por Almu Dapena |
-
O equipo feminino do TM Monte Porreiro, inmerso na carreira polo ascenso, recibe o respaldo do Concello
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra asina un partido brillante contra o Murcia e encarrila o ascenso a Primeira Nacional (20-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |