Balón de osíxeno para o BM Pontevedra tras gañar en Coruña ao Ártabro (29-34)
Por Redacción
Dende a primeira xornada ligueira non gañaba o Balonmán Pontevedra na súa primeira tempada na Primeira Nacional, e ata a novena tivo que esperar o equipo adestrado por Pedro Pérez na cancha dun rival directo, o Ártabro coruñés (29-34).
Os pontevedreses foron a remolque nunha primeira metade dominada polos locais ata o empate co que se chegou ao descanso (15-15).
A partir dese momento o BM Pontevedra comezou a marcar a pauta para asegurarse dous importantes puntos.
Tras este triunfo o conxunto lerezano ascende á undécima posición con catro puntos.
BM ÁRTABRO (29): Martín Tarrío, Rubén Río (5), Alberto Catoira, Abel Nogareda, David Bouza (1), Bruno López, Luis Rodríguez, José Antonio Fernández (10), Daniel Santos (1), Alejandro Seijo, Jesús Varela (4), Duarte, Iago Ferreira (7), Pablo Varela (1).
BM PONTEVEDRA (34): Pablo Galán, Jorge Rodríguez (1), Daniel Gómez (1),Alberto Santiago (6), Ángel Soliño (3), Gonzalo García (2), Alberto Garrido (7), Jaime Iglesias (1), Eloy López, Bruno Montesinos (1), Fernando Rey (8), Javier Suárez (4), Hugo Urtaza, Anxo Otero.
Árbitros: Piñeira Fombona e Cuesta Miyares (Asturias). Excluíron a Daniel Santos e Rubén Río nos locais e a Javier Suárez, Bruno Montesinos, Alberto Santiago e Daniel Gómez (2) nos visitantes.
Marcador cada cinco minutos: 3-2, 5-3, 7-6, 10-8, 14-11, 15-15, descanso, 17-19, 18-24, 20-26, 21-27, 24-31, 29-34.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal Novo Mesoiro, A Coruña.