Valiosa e sufrida vitoria do Sanxenxo en Gondomar (1-2)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Acabou pedindo a hora o Xuventú Sanxenxo no campo do Gondomar para amarrar un importante triunfo (1-2) que o consolida na zona de ascenso directo.
Os amarelos protagonizaron un encontro moi serio e traballado que tiveron que madurar ata a segunda metade, cando chegaron os goles.
O Sanxenxo logrou poñer o 0-2 grazas aos tantos de Róber e Cerqueiras, pero o Gondomar non se deu por vencido e reduciu distancias a falta de cinco minutos levando a incerteza ás filas visitantes.
A pesar diso o Gondomar apenas inquietou a meta de Jose, certificando o triunfo dos de ÿscar García, que non só se confirman na zona de ascenso directo, en segundo lugar, senón que abren unha brecha de catro puntos co terceiro clasificado, o Ourense B.
GONDOMAR CF (1): Jacobo, Lema (López, min.77), Carlos, Nando, Adrián, Álex, Silvio (Cela, min.73), Pedro, Besada, Hermida, Tizón (Diego, min 64).
XUVENTÿ SANXENXO (2): José, Tinaia, Minso, Javi, Fon, Cañi, Hugo (Deivi, min.69), Cerqueiras (Dani, min.80), Róber, Cuchi (Darío, min.73), Nel (Diego Blanco, min.80).
Árbitro: Martínez Míguez (Ferrol). Amoestou aos locais Tizón e López.
Goles: 0-1 Róber, min.57; 0-2 Cerqueiras, min.70; 1-2 Cela, min.85.
Incidencias: Partido disputado no campo das Gaiandas, Gondomar.