Festival de goles con repartición de puntos entre Portonovo e Pontevedra B (4-4)
Por Redacción
Baltar gozou dun entretido encontro entre o Portonovo e Pontevedra B que se converteu nun auténtico festival de goles nos últimos 20 minutos de partido.
O conxunto arlequinado saíu mal parado do intercambio de golpes desperdiciando unha renda de 3-0 e de 4-1 ao seu favor ante un filial granate que salvou un punto no tempo de desconto grazas a un tanto de Víctor.
A remontada do Pontevedra B ten se cabe máis valor ao ter xogado dende o minuto 18 cun xogador menos, tras a expulsión de Collazo por dobre amoestación, ata que Iván Renda seguiu o seu camiño xa no minuto 74 igualando as forzas.
O Portonovo, que parecía ter o partido controlado ata a loucura dos últimos minutos, suma así a súa cuarta xornada sen gañar afastándose dos postos altos. Os de Ricardo Fernández quedan con 17 puntos na décimo terceira posición, un máis dos que suma o filial, con 16.
PORTONOVO SD (4): Alejo, Dopazo, Iván Renda, César, ÿscar García (Gándara, min.63), Suso Vidal (Luis Alberto, min.65), Víctor, Álex Cubas (Rodri, min.69), Silva, Nacho, Suso Martínez (Iván, min.69)
PONTEVEDRA B (4): David, Uru (Víctor, min.46), Alves, Collazo, Anxo (Cuesta, min.70), Emilio, Ismael, Félix (Marwan, min.62), Diego, Pedro (Marou, min.20), Puyi.
Árbitro: Enríquez Pereiro (Santiago). Amoestou aos locais César, ÿscar García, Nacho e Rodri e aos visitantes Alves, Anxo, Félix e Puyi. Expulsou por dobre amarelo ao xogador do Pontevedra B Collazo (min.18) e do Portonovo Iván Renda (min.74).
Goles: 1-0 Álex Cubas, min.31; 2-0 Silva, min.66; 3-0 Rodri, min.70; 3-1 Ismael de penalti, min.74; 4-1 Silva, min.75; 4-2 Ismael, min.80; 4-3 Diego, min.89; 4-4 Víctor, min.92.
Incidencias: Partido disputado no estadio de Baltar, Portonovo.