Repartición de puntos entre Estradense e Villalonga (1-1) nun partido discreto
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Pouco fútbol e menos ocasións de gol. Estradense e Villalonga protagonizaron un pobre partido na Baiuca e repartíronse os puntos nun empate que deixa aos locais na zona perigosa, mentres afasta os de Julián Ferreiro un pouco máis dos postos de ascenso directo.
Cos dous equipos máis preocupados de non encaixar gol que de buscar a área rival, o primeiro tempo deixou senllas ocasións do local Unai, que se estrelou co porteiro celeste. A pesar diso o Villalonga adiantouse no marcador, nunha xogada de Juanito, que culminou o sempre oportuno Jorge Fernández, case ao bordo do descanso.
Na reanudación, o equipo de Tinto foise arriba, en busca dun empate que chegou no minuto 65, nun gran remate de Vicente dende a frontal da área.
C.D. ESTRADENSE (1): Coke; Martín, Jacobo, Chan, Mateo, Arturo, Vicente, Manuti, Unai, Lema (Pepe, minuto 63) e Jorge.
VILLALONGA F.C. (1): Albor; Leo, Manu, Cuqui (Héctor, min. 69), Jorge Fernández, Saúl, Juanito (Gabi, minuto 78), Adrián Santos (Cristóbal, min. 45), Arias, Rego (Machu, minuto 45) e Antonio.
Árbitro: Daniel Hernández (Ourense). Amoestou a Manu e Antonio, do Villalonga.
Goles: (0-1) Minuto 44: Jorge Fernández. (1-1) Minuto 65: Vicente.
Incidencias: Campo da Baiuca (A Estrada). Uns 200 espectadores.