O Pontevedra xuvenil dá a badalada e no desconto endosa ao Deportivo (1-2) a súa primeira derrota ligueira
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Badalada e das gordas. O Pontevedra visitaba o campo do líder invicto da categoría, o Deportivo da Coruña e conseguía a vitoria no tempo de desconto, e con ela tres puntos importantes que o sacan da zona de descenso.
Os granates levaron a iniciativa no marcador dende o minuto 30, cando Jaime facía o primeiro gol. Non obstante o Deportivo empataría a pouco de comezar a segunda parte.
Se o empate era un bo resultado, o premio gordo chegaba no tempo engadido, cun gol de Carballa que facía saltar posiblemente unha das grandes sorpresas da liga.
DEPORTIVO (1): Anxo; Blas, Gabriel, Hugo, Fornos (Miguel, min. 45), De Dios, Pancho, Diego, Álvaro, Xavi e Manu (Quique, min. 45).
PONTEVEDRA (2): Álex; Dani, Iago (Carballa, min. 60), Brais, Bruno, Jaime, Abraham (David, min. 80), Tomás, Buba, Róber (Mario, min. 67) e Agus (Ricardo, min. 85).
Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña).
Goles: (0-1) Minuto 30: Jaime. (1-1) Minuto 50: Álvaro. (1-2) Minuto 94: Carballa.
Incidencias: Cidade deportiva "Mundo do fútbol", Abegondo (A Coruña). Uns 200 espectadores.