O Azpeitia, rival dun Peixe Galego que busca consolidarse na zona nobre
Por Redacción
Tras o esvarón en Vitoria ante o Araberri, outro equipo vasco, o Azpeitia Azkoitia, crúzase no camiño dun Peixe Galego que busca este sábado na Raña (19:30 horas) un triunfo que o manteña nunha cómoda posición na Adecco Prata.
Os de Javi Llorente terán en fronte a un conxunto cuxa clasificación, penúltima posición, pode resultar enganosa, segundo avisan dende o club marinense.
O Azpeitia, equipo vinculado ao Gipuzcoa Basket, só gañou un partido pero dúas das súas derrotas chegaron na prórroga (Castelló e Prat) e outra por unha marxe mínima de dous puntos (CEBA Guadalajara). Ademais chega a Marín tras estrearse gañando o pasado fin de semana ao Grupo Eulen.
Para intentar que A Raña presente un grande ambiente a directiva 'peixe' decidiu rebaixar a entrada a dous euros, podendo os socios e xogadores do club acudir cun acompañante que accederá ás instalacións de balde.