Dous partidos separan o Waterpolo Pontevedra de dar o salto a Nacional Feminina
Por Redacción
Unha oportunidade histórica é o que ten ante si o Club Waterpolo Pontevedra o próximo mes de maio na Fase de Ascenso a Primeira División Feminina.
O conxunto pontevedrés, que este ano chegou a un acordo de colaboración co Pabellón Ourense, gañou o dereito para participar no play-off ao proclamarse campión da fase regular da Liga Galega Absoluta Feminina de División de Honra.
Agora o CW Pontevedra está a só dous partidos de acceder a categoría nacional, ao enfrontarse a unha eliminatoria de ida e volta que lle medirá ao CW Murcia.
Coa nova normativa da Real Federación Española de Natación, que pretende ampliar o número de Comunidades Autónomas con representación en Nacional, dividiuse en dúas a fase de ascenso para outorgar unha praza ás comunidades sen representación na categoría. Nesta vía só Pontevedra e Murcia inscribíronse, renunciando os representantes de Asturias, Castela-León e Castela-A Mancha deixando nun cara a cara o salto de categoría.
As pontevedresas xogarán como locais o primeiro encontro da serie, o 7-8 de maio, para viaxar a terras murcianas a seguinte fin de semana.
Sen bancadas no CGTD e con Rías do Sur pechado, a directiva da entidade deportiva traballa agora en atopar unha piscina na que poder disputar a fase de ascenso.