Anticipada costa de xaneiro para o Pontevedra
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol chegou a un fase crave a competición na que se xogará boa parte das súas opcións en liga.
A modo de anticipada costa de xaneiro os granates xogarán, ata a última xornada do ano e final ademais da primeira volta, seis partidos dos que catro serán no Estadio Municipal de Pasarón.
Aínda por riba nas próximas catro semanas o equipo adestrado por Manu Fernández, a cinco puntos da cabeza da táboa nestes momentos, deberá enfrontarse aos tres primeiros clasificados: Boiro, Cerceda e Ordes.
Este periplo esixente comeza este mesmo domingo coa visita a Pontevedra do único conxunto invicto na Terceira División Galega, o Cerceda (17:00 horas), segundo na táboa tras sumar sete triunfos e seis empates.
Unha semana despois os granates recibirán de novo en Pasarón ao Negreira, décimo sexto clasificado, para acudir despois a Ordes e esperar en casa ao líder, o Boiro.
Antes de final de ano o bloque lerezano enfrontarase tamén, por esta orde, a Somozas fora e Dorneda en casa, empezando 2014 e a segunda volta tamén como local ante o Choco.