Tere Abelleira, na lista da Selección Española Absoluta para os partidos fronte a Brasil e Escocia
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Un día despois de vivir desde o campo, aínda que con eliminación para o seu equipo a nivel deportivo, o récord absoluto de asistencia a un partido de fútbol feminino conseguido nos cuartos de final da Champions League entre Barcelona e Real Madrid, Teresa Abelleira recibiu unha boa noticia co seu regreso á Selección Española Absoluta.
A centrocampista pontevedresa do Real Madrid é unha das 24 futbolistas citadas polo seleccionador Jorge Vida para o dobre compromiso que España afrontará en abril ante Brasil e Escocia.
Abelleira non estivera presente na última ventá de seleccións, na que a Selección disputou a Arnold Clark Cup, pero si estará agora nunha concentración na que o combinado nacional pode pechar matematicamente a súa presenza no próximo Mundial 2023 que terá lugar en Australia e Nova Zelandia.
As xogadoras foron citadas este luns 4 de abril na Cidade do Fútbol de Las Rozas, onde comezarán a preparar o partido internacional amigable que lles enfrontará o día 7 a Brasil no estadio José Rico Pérez de Alacante.
Tras ese encontro a Selección Española afrontará o día 12 de abril en Glasgow, ante Escocia, un choque decisivo na fase de clasificación mundialista, xa que un triunfo daralle o pase á fase final do torneo.
OFICIAL | Estas son las para los encuentros ante Brasil y Escocia
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SeFutbolFem) March 31, 2022
España se medirá a la @SelecaoFeminina el jueves 7 en el Rico Pérez y a @ScotlandNT el martes 12 en Glasgow
El equipo se concentrará el lunes 4 en Las Rozas#JugarLucharYGanar pic.twitter.com/Waa4WIBVCi
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira, na prelista da Selección Española Absoluta para a Eurocopa
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, "feliz de seguir dous anos máis no Real Madrid"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira repite na convocatoria da Absoluta para os partidos oficiais ante Illas Feroe e Escocia
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, convocada pola Selección Española para os dous primeiros partidos da clasificación mundialista
Por Diego Espiño |
-
O orgullo de "ter en Pontevedra unha xogadora de alto nivel" como Tere Abelleira
Por Diego Espiño |