Bronce para Marina Artemia Pérez na súa estrea nun Campionato de España en Pista Cuberta
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A canteira da Sociedad Gimnástica de Pontevedra conseguiu un gran resultado no Campionato de España Sub-16 en Pista Cuberta celebrado durante a fin de semana na localidade catalá de Sabadell.
Ata alí desprazouse o seu atleta Marina Artemia Pérez, con marca mínima nos 60 metros valas e tamén no triplo salto.
Precisamente nesta segunda disciplina a atleta adestrada por Santi Ferrer, na súa primeira participación nun Nacional baixo teito brillou para bater a súa mellor marca persoal e subir ao terceiro chanzo do podio. Unha medalla de bronce que conseguiu grazas a un mellor salto de 11,56 metros, no seu primeiro intento. A gañadora do concurso foi Lucía Robledo (11,80 metros) seguida de María Barrios (11,68 metros).
Ademais a representante da Gimnástica correu os 60 metros valas, aínda que cun marca de 10.09 segundos non logrou meterse nas semifinais.
Relacionadas:
-
O CGTD encherase de atletismo coa primeira xornada de Primeira División Feminina e co Circuito en Pista
Por Redacción |
-
Conseguir un dobrete no Campionato Xunta de Galicia de Atletismo, todo un reto para a Gimnástica
Por Redacción |
-
O CGTD será sede da primeira xornada de liga na Primeira División Feminina de atletismo
Por Redacción |
-
Iñaki Cañal, da Gimnástica, proclámase subcampión Mundo en Belgrado
Por Almu Dapena |
-
Charo Castro renova o seu compromiso como presidenta da Gimnástica ata 2026
Por Diego Espiño |