Velocidade de cruceiro para o Mareantes e derrota para o Pontevedra Rugby Club
Por Redacción
Cara e cruz para os equipos pontevedreses na Primeira División Territorial de Rugby.
Dun lado o Mareantes mantense invicto logo de xogar tres partidos nas catro xornadas disputadas cun empate e dous triunfos, o último o pasado sábado en Monte Porreiro ante o CR Lalín nun apertado partido dominado polas defensas (10-5).
No outro bando atópase o Pontevedra Rugby Club, que no seu debut na categoría segue sen coñecer a vitoria logo dun partido a domicilio ante o Campus Ourense que se decidiu no último minuto de partido cun golpe de castigo a favor dos locais (19-16).
O Mareantes é terceiro na clasificación con 11 puntos, mentres o Pontevedra RC é sexto con dous grazas ao bonus defensivo.