Burela e Poio Pescamar recuperarán o seu partido aprazado o día 26 de marzo
Por Redacción
Xa hai data para o partido de liga da Primeira División de Fútbol sala aprazado no seu día entre Burela Pescados Rubén e Poio Pescamar.
O duelo debía de disputarse o pasado 12 de febreiro, pero foi suspendido ao detectarse un brote de coronavirus no cadro conserveiro.
Agora, os clubs aproveitarán o parón de dúas semanas debido á concentración de seleccións nacionais para poñerse ao día, xa que o encontro xogarase o sábado día 26 de marzo ás 17.00 horas, no pavillón de Vista Alegre.
Esta data permitirá tanto ao Poio Pescamar como ao Burela contar coas súas xogadoras internacionais, posto que as xornadas de traballo previstas pola Selección Española finalizarán o día 22 de marzo, non estando prevista unha nova xornada de liga ata o 2 de abril.