O Arxil afúndese tras o descanso e cae ante o Café Barco de Badaxoz (54-70)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Mellorou o Arxil as súas prestacións, pero non o suficiente e as verdes seguen sen gañar despois de tres xornadas tras perder na casa ante o Café Barco Badajoz (54-70).
O equipo lerezano achegouse ao que busca a súa adestradora, Mayte Méndez, nunha primeira metade marcada pola defensa arxilista, con lixeiras rendas no electrónico ata o descanso (28-26).
Sen embargo a gasolina só lle chegou ata o terceiro cuarto ao Arxil, que baixou a súa intensidade e o pagou cun parcial claramente favorable ás estremeñas (36-44).
Aínda que intentaron reaccionar as locais, xa nada puxeron facer encaixando a súa terceira derrota, que as sitúa na última posición da táboa.
A próxima xornada as pontevedresas visitarán a cancha do Pabellón Ourense, sétimo clasificado cun triunfo e dous partidos perdidos.
CB ARXIL (54): Ana Martín (6), Carla Fernández (6), María Lago (12), Tajay (6), Fany López -cinco inicial- Sandra Entenza (5), Natalia Soage (4), Andrea Carrera, Jara Tuda (2), Cristina Díaz (8), María Centeno (5), María Quiroga.
CAFÿ BARCO (70): Bolonia (20), Cruz, Regina (4), Nuria Ramiro (5), Alexis (9) -cinco inicial- Amador, Cabrera (2), Albano (5), Larisse (21), Fernández (4).
Árbitros: Godoy Morillo e Gallego Cid.
Parciais: 18-16, 10-10, 8-18, 18-26.
Incidencias: Partido disputado no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.