Soto del Real aprovéitase dunha mala tarde do Poio F.S. (5-2) para quedarse cos puntos
Por Redacción
Non foi a tarde do Poio F.S. As rapazas de Marcio Santos estiveron moi lonxe de ofrecer o xogo despregado a semana anterior na súa pista e caeron derrotadas xustamente fronte a un Soto del Real que levaba cinco derrotas consecutivas, pero que dominaron ás pontevedresas durante todo o partido, ata o punto de que a actuación de Silvia evitou unha derrota aínda máis ampla.
Erros defensivos e falta de concentración nos primeiros compases levaron o Poio a ir a remolque no partido e moi pronto no marcador. As madrileñas adiantábanse aos 7 minutos, cun disparo cruzado de Patri, ampliando distancias antes do descanso cun remate de Chili que entrou pola escuadra da portaría visitante.
As "rojillas" non encontraban o modo de crear perigo, recorrendo a disparos afastados sen efectividade.
Na reanudación o Soto buscou sentenciar o partido e Patri enviaba un balón ao poste, antes de que Clara, en xogada persoal, batese a Silvia, facendo subir o terceiro gol ao marcador.
Parecía que o partido estaba sentenciado, pero o Poio, que fallara un penalti, reaccionou reducindo distancias en dúas xogadas moi rápidas, primeiro cun gran remate cruzado de Charo, tras a mellor xogada do equipo, e logo cun disparo á media volta de Peque.
Quedaban nove minutos para o final, pero as madrileñas non deron opción a culminar a remontada, e en pouco máis dun minuto sentenciaron o partido ao seu favor cun gol de Coral, resolvendo unha xogada embarullada, e outro de Patri, para redondear a conta, tras un roubo de balón.
Unha vez máis o xogo de cinco do Poio resultou infrutuoso ante a falta de acerto no remate, e a derrota aperta moito as cousas na zona perigosa da clasificación.
V.P. SOTO DEL REAL (5): Ana; Marta, Coral, Chili, Laura Jiménez -cinco inicial-, Ana de la Chica, Clara e Patri.
POIO F.S. (2): Silvia; Claudia, Charo, Ceci, Kiko -cinco inicial-, Yoly, Peque, Elena, Paloma e Mar.
Árbitros: Luis Miguel Alonso Sanz e Álvaro Guzón Torrijos (Madrid). Amoestaron a Clara e Laura Jiménez, polo equipo local e a Kiko, polo Poio.
Goles: (1-0) Minuto 7: Patri. (2-0) Minuto 13: Chili. (3-0) Minuto 25: Clara. (3-1) Minuto 28: Charo. (3-2) Minuto 31: Ceci. (4-2) Minuto 33: Coral. (5-2) Minuto 34: Patri.
Incidencias: Pavillón Municipal Souto do Real (Madrid). Uns 150 espectadores.