Homologan o circuíto da Illa das Esculturas no que se celebrará o Campionato de España de Marcha Nórdica
Por Redacción
É un escenario privilexiado e desde agora conta cun novo circuíto homologado para unha modalidade deportiva ata o de agora pouco coñecida.
A Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada remitiu ao Club Aromon Pontevedra o certificado de homologación do circuíto que se usará no Campionato de España de Marcha Nórdica de Seleccións Autonómicas que se celebrará o próximo 24 de setembro a beiras do río Lérez.
En concreto este circuíto terá como escenario A Illa das Esculturas, cun percorrido de 3.200 metros sobre terra e herba no que se completarán 5 voltas ata os 16.000 metros totais.
Será a primeira vez que a marcha nórdica de competición chegue a Pontevedra, cun campionato que reunirá a 19 seleccións rexionais con equipos de 4 homes e 4 mulleres en cada un das delegacións.