O Cisne recupera unha das súas xornadas perdidas visitando o Villa de Aranda
Por Redacción
O esixente calendario que lle resta ao Club Cisne Balonmán ata o final da primeira fase da competición na División de Honra Prata, ao ter que recuperar dúas xornadas aprazadas, ten unha nova parada este mércores 16 de febreiro na localidade burgalesa de Aranda de Duero (20.30 horas).
O club pontevedrés visita nun deses duelo suspendidos no seu día pola covid o Villa de Aranda, octavo clasificado con 11 puntos e que aínda que non matematicamente está descartado na práctica como rival na fase polo ascenso.
Por ese motivo "a priori é un partido que poida que para a segunda fase non teña transcendencia", recoñece o segundo adestrador cisneísta, Quiños.
"De todos os xeitos sempre sabemos o difícil que foi para nós competir no Príncipe Felipe, é un pavillón que sempre nos custou moito e se nos deu mal", sinala o técnico defendendo que será "un partido complicado" e moi diferente ao da primeira volta (35-20) no que "quizais un dos nosos mellores partidos dos últimos anos".
O importante, asegura Quiños, é "seguir en boa dinámica" para non ceder o liderado do grupo nas últimas xornadas, pensando especialmente nos partidos que quedan ante rivais directos.
Relacionadas:
-
O Cisne recupera a inercia gañadora na pista do Villa de Aranda (28-29)
Por Redacción |
-
O Cisne deixa escapar a vitoria ante o Alcobendas (31-31)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O pivote Nicolás Samudio, reforzo do Cisne para o tramo final de tempada
Por Redacción |
-
O Cisne brilla na segunda metade e tumba o Zamora (35-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |