O Arxil segue mandando en liga tras superar o Rosalía (52-59)
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil é máis líder do Grupo A da Liga Feminina 2 tras gañar no derbi galego ao Institutos Rosalía. As pontevedresas, guiadas por Ruth Adams (18 puntos e 5 rebotes) e Heather Forster (10 puntos e 15 rebotes), sumaron un novo triunfo que as achega ao seu camiño polo ascenso.
Non tivo problemas o Arxil no primeiro cuarto, liderado por Bouzadzin e Ruth Adams que se botaron ao equipo encima para ir por diante no marcador (9-14).
Pero antes de chegar o descanso púxose ao choio o Rosalía, obrando o seu mellor acto para chegar mesmo a coller unha pequena vantaxe que poñía en aprietos ás de Pontevedra. Pediu tempo morto Mayte Méndez e antes do descanso Heather Forster fixo o propio para anotar o 25-26 que deixaba todo por decidir no terceiro cuarto.
Cos rebotes de Forster e a efectividade de fronte ao aro de Adams, as verdes encarrilaban o partido ao seu favor mentres as de Santiago buscaban en Manivesa, con 15 puntos, e en González e García de Castro, con 11 puntos cada unha, as opcións de chegar vivas ao final.
E lonxe de baixar o ritmo, o Arxil só tivo que controlar a súa vantaxe para sentenciar nun 52-59 que lle permite manter o liderado do Grupo A de a liga Feminina 2.
Consulta as estatísticas do CB Arxil-Institutos Rosalía
Relacionadas:
-
O Arxil gaña o León nun apretado final (75-70)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Ruth Adams volve lucirse para dar a vitoria o Arxil en Barakaldo (61-70)
Por Almu Dapena |
-
O Cortegada imponse no derbi ante o Arxil (61-63)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O Arxil afronta en Santiago un derbi decisivo para as súas aspiracións de ascenso
Por Redacción |
-
A Xunta reparte entre 72 clubes da cidade axudas por valor de 837.000 euros
Por Redacción |
-
O Arxil liquida pola vía rápida o seu partido fronte ao Ibaizábal (68-47)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil non pode co Magec Tías (52-56)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Arxil remonta no último cuarto para superar pola mínima o Alhaurín (59-60)
Por Almu Dapena |