Dani Chamosa brilla no nacional de marcha e volve codearse coa elite
Por Manu Otero
O marchador pontevedrés Dani Chamosa comezou o ano rompendo marcas. Despois de proclamarse campión galego, o atleta desprazouse a Huelva a pasada fin de semana para participar no Campionato de España de Marcha en Ruta. Unha competición na que asinou un meritorio sexto posto que lle abre as portas do próximo Europeo e Mundial e que o sitúa como un dos marchadores con maior progresión do planeta.
Aínda que non puido subirse ao podio, detrás do sexto posto logrado o Huelva cunha marca de 2:33:37 nos 35 quilómetros de percorrido está o establecemento da súa mellor marca persoal, a mellora en 10 minutos do récord galego absoluto e a décimo cuarta mellor marca mundial, sen contar o logro de conseguir as mínimas para o Europeo de Munich e o Mundial de Omán.
"Unha vez máis quedou demostrado que o nivel do noso país é o mellor do mundo", compartiu o marchador nas súas redes sociais ao terminar a carreira.
Aínda que sae de Huelva cun bo sabor de boca, o atleta da Sociedad Gimnástica non puido subirse ao podio. Despois de marchar en postos de medalla durante boa parte da carreira, as forzas falláronlle nos quilómetros finais e tuvo que conformarse coa sexta posición. Aínda así, o traballo realizado volve abrirlle as portas da internacionalidade.
Outra que brillou con luz propia no nacional de Lepe foi Carmen Escáriz, a marchadora formada en Cuntis completou os 35 quilómetros de percorrido en pouco máis de tres horas, o que lle serviu para conseguir a marca mínima para a próxima Copa do Mundo de Marcha.