Positivo inicio de tempada para a Escola Hungaresa de esgrima
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A primeira cita da tempada para a Escola Hungaresa, no Torneo Nacional de Ranking de Sabre de Barcelona en categorías M-17 e Absoluto cargou de moral ao club lerezano.
Na competición celebrada o pasado fin de semana, un tirador do club, Natalia Fernández, logrou colgarse a medalla de bronce en M-17, mentres Ángela De Faveri no seu primeiro ano na categoría finalizou o torneo no posto 14.
O trío pontevedrés completouno Antonella Bunimov, eliminada fronte á súa compañeira Natalia Fernández finalizando nunha meritoria décimo quinta posición.
As tres tiradoras completaron a súa participación na proba absoluta, onde se deron cita as mellores sabristas nacionais.
Nesta categoría Natalia Fernández e Antonella Bunimov superaron a fase previa caendo posteriormente na primeira eliminatoria, mentres Ángela De Faveri non pasou o corte ao sumar unha sóla vitoria na fase inicial.
Despois da estrea oficial da tempada a Escola Hungaresa prepara o II Trofeo Rías Baixas de Sabre M-20 que se celebra o próximo sábado 9 de novembro.