O Marín Futsal 'rasca' un punto na súa visita ao Leganés (2-2)
Por Redacción
Valioso punto o sumado polo Marín Futsal este sábado na pista do CD Leganés.
O partido non empezou ben para as marinenses, que aos dous minutos de xogo vían como o seu rival tomaba a dianteira cun tanto de Isa García.
Pese ao golpe as xogadoras dirixidas por Raúl Jiménez non se desanimaron e gozaron de ocasións para empatar a continuación, aínda que tamén o Leganés estivo preto do segundo tanto estando Silvia moi atenta baixo paus, e colaborando a madeira.
Ao final o premio foi para o Marín antes do descanso, atopando a igualada tras un saque de banda rápido que colleu descolocada á defensa local e foi aprvechadio por Adri para marcar.
Con todo por decidir comezou unha trepidante segunda metade, con opcións para dous equipos que buscaban o gol, aínda que nesta ocasión foi Café a que conseguía anotar no minuto 26 poñendo o 1-2.
Tres minutos despois foi Ceci a que puido encarrilar o choque ao plantarse ante a porteira local, pero non conseguiu marcar e o Marín Futsal pagouno co 2-2, obra de Guti de penalti tras unha man dentro da área.
As madrileñas apostaran polo xogo de cinco e mantivérono no tramo final, aparecendo Silvia para salvar polo menos un valioso punto que permite consolidar ao seu equipo na zona media da táboa sumando 20 e manténdose lonxe dos postos perigosos.
Relacionadas:
-
O Marín Futsal volve perder na Raña, esta vez contra o Torreblanca (2-4)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Misión imposible para o Marín Futsal ante o líder Navalcarnero (5-1)
Por Almu Dapena |
-
Comeza a segunda volta sen marxe de erro para o Poio Pescamar e cun duelo imposible para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Marín cae contra o Alicante e segue sen coñecer a vitoria este ano en liga (1-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Silvia Aguete volve estar entre as mellores porteiras de fútbol sala do mundo
Por Manu Otero |
-
Derrota do Marín ante o Roldán a 30 segundos do final (2-1)
Por Redacción |