O Marín cae contra o Alicante e segue sen coñecer a vitoria este ano en liga (1-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O Marín Futsal segue sen coñecer o triunfo en liga neste 2022 despois de caer este sábado na Raña ante o Universidade de Alacante nun duelo en grao sumo igualado no que mereceron máis.
Avisaron Dani Fleitas e Ceci nada máis comezar o encontro, xerando perigo na portería dun equipo alacantino que optaba por esperar en cancha propia e que por momentos facíase dono do partido pero sen acerto na portería de Silvia Aguete.
A mellor ocasión do primeiro acto chegou nos instantes finais cando Raquel, despois de interceptar un centro en tres cuartos de cancha, plantouse diante da gardameta local e estrelou no pau o esférico.
Co 0-0 comezou a segunda metade na que Raquel e Asperxeu avisaron para o Alacante e Ceci para o Marín. Foi esta a que cun potente disparo no seu saque de esquina obrigo a Elena a esforzarse. Pouco despois, a gardameta se converteu en asistente para ceder en longo a Aitana, que controlou e sacou un remate cruzado que superou a Silvia.
Dous minutos máis tarde, cando aínda estaba en proceso de recuperarse do primeiro tanto, o equipo de Raúl Jiménez atopouse con outro gol en contra. Esta vez María Pino materializou o pase de tacón de Raquel despois dunha moi boa transición ofensiva.
Estaba todo perdido para o Marín e o técnico local apostou polo xogo de cinco con Pau. Así, a dous minutos do final nun ataque de pizarra, as locais recortaron distancias cun potente disparo desde fóra da área de María León. Con todo, cando máis ocasións estaban a xerar as locais e a un segundo da conclusión chegou a sentenza por mediación de Sara Navalón desde cancha propia, colocando o 1-3 co que finalizou o partido.
MARÍN FS (1): Silvia Aguete; Pau García, María León, Dani Fleitas e Ceci (quinteto inicial). Tamén xogaron, Lu, Adriana, Mar e Gaby.
UA ALICANTE FSF (3): Elena; Pao, Aitana, Sara Navalón e Rocío (quinteto inicial). Tamén xogaron, Ana María Pino, Raquelilla, Sara Roelas e Elena Sanchís.
Goles: 0-1, min. 32 Aitana. 0-2, min. 34 Ana María Pino. 1-2, min. 38 María León. 1-3, min. 40 Sara Navalón.
Indicencias: A Raña. Colexiados, Amor Vizoso e Darriba Villamor. Sen amoestacións.
Relacionadas:
-
O Marín Futsal volve perder na Raña, esta vez contra o Torreblanca (2-4)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Misión imposible para o Marín Futsal ante o líder Navalcarnero (5-1)
Por Almu Dapena |
-
Comeza a segunda volta sen marxe de erro para o Poio Pescamar e cun duelo imposible para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Marín Futsal 'rasca' un punto na súa visita ao Leganés (2-2)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar visita ao colista e A Raña acolle un igualado duelo entre aspirantes á elite
Por Redacción |
-
Silvia Aguete volve estar entre as mellores porteiras de fútbol sala do mundo
Por Manu Otero |
-
Derrota do Marín ante o Roldán a 30 segundos do final (2-1)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal supera pola mínima á Concordia e avanza a cuartos da Copa da Raíña (1-2)
Por Almu Dapena |
-
O Marín Futsal pon o broche de ouro ao 2021 noqueando o Atlético Torcal (6-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |