Rara e solleira San Silvestre para despedir o ano como marca a tradición
Por Manu Otero & Mónica Patxot
A San Silvestre volveu vencer ao coronavirus. Xa o fixo no 2020 con carreiras individuais e volve facelo no 2021 dando un pasiño máis cara á ansiada normalidade. Non foi a carreira multitudinaria previa á pandemia, pero si se están reunindo na contorna da Xunqueira de Alba centos de pontevedreses para despedir o ano facendo deporte en familia.
Desde as 10.30 horas e en intervalos de vinte minutos, toman as saída decenas de corredores. Os gorros de Papa Noel e os tradicionais disfraces do Nadal volven este ano a poñer a nota de calor dunha proba que se alongará ata as 17.40 horas.
Este ano a proba trasladouse por razóns de seguridade á Xunqueira de Alba, onde se estableceu un circuíto de 2.900 metros, máis curto do habitual. Aínda así, a San Silvestre máis silvestre volveu ter un enorme éxito de participación superando amplamente os 2.000 corredores.
A solidariedade estivo tamén presente, pois cada corredor entregou á organización un quilo de alimentos non perecedoiros que serán entregados ás entidades sociais da cidade.
Relacionadas:
-
As inscricións para a San Silvestre de Pontevedra, a partir do 20 de decembro
Por Redacción |
-
A San Silvestre de Pontevedra recupera o seu formato habitual
Por Diego Espiño |
-
Sempre solidaria San Silvestre de Pontevedra, recadando 2,3 toneladas de alimentos non perecedoiros
Por Redacción |
-
Operativo de tráfico con motivo da celebración da San Silvestre
Por Oskar Viéitez |
-
A San Silvestre supera os 2.000 corredores e pecha a inscrición en liña
Por Redacción |
-
A San Silvestre acelera nas inscricións e esgota todas as súas prazas en horario de tarde
Por Diego Espiño |