Dous positivos por covid-19 fan saltar as alarmas no Arosa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Arosa non se libra da escalada da incidencia da covid-19 e, despois da volta aos adestramentos do primeiro equipo, o club comunica que dous integrantes do primeiro equipo, un xogador e un membro do corpo técnico, deron positivo nas probas de antíxenos realizadas antes do primeiro adestramento.
Nun comunicado oficial, desde o club explican que os afectados atópanse illados e presentan síntomas leves. Tan pronto como coñeceron o positivo, o club activou o protocolo vixente e comunicou á RFEF e ao Sergas a situación.
O primeiro equipo regresará o luns ao traballo para volver someterse a probas antes de poñerse a traballar. Neste sentido, no Arosa esperan que os positivos poidan incorporarse á dinámica de traballo do primeiro equipo a próxima semana, tan pronto cumpran a corentena e dean negativos nos test.