Os nenos da Escola Municipal de Atletismo gozan do 'Xogatlón'
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A primeira xornada do 'Xogatlón', organizada pola Sociedad Gimnástica nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, reuniu máis de 100 nenos dende categoría benxamín e ata a xuvenil.
Esta iniciativa, baseada nunha competición de probas combinadas con tres especialidades atléticas en cada unha das súas xornadas, está dirixida aos atletas da Escola Municipal de Atletismo e algúns centros escolares da cidade.
Baixo a supervisión dos monitores da escola os participantes realizaron unha carreira de velocidade de 60 metros, salto de lonxitude e lanzamento de peso.
Co 'Xogatlón', a Gimnástica pretende primar a participación por enriba do resultado deportivo e buscar un primeiro contacto dos futuros atletas coa competición para que estean "mellor preparados chegado o momento".
A próxima xornada contará con outras especialidades atléticas e celebrarase en aproximadamente tres semanas.