![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/534db4ec2ffda-voleibol.jpg)
© Club Voleibol Pontevedra
Tres de tres para o Club Voleibol Pontevedra, que se afianza no liderado da Segunda División feminina
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Segue a xeira triunfal do Club Voleibol Pontevedra na Segunda División feminina. Non só acadaron a súa tercera vitoria consecutiva, senón que co seu triunfo ante o Emevé B, afianzouse no liderado da categoría. Suman oito puntos e comparten o posto de privilexio co Caldaria Voleyourense.
Ambos os dous equipos amosaron en Lugo que poden ser firmes candidatos a loitar polo título. Non houbo respiro ao longo do partido para ningún dos dous, e aínda que o Comercial Durán adiantábase nos dous primeiros sets (23-25 e 24-26), o ambiente de igualdade reflexado tamén nos axustados parciais fixo que non resultase sorprendente a remontada lucense.
As xogadoras do Emevé B gañaron 26-24 no terceiro parcial e 25-18 no cuarto set. Tras un pequeno baixón das pontevedresas nesta cuarta manga, a igualdade volveu con maior forza nun vibrante tie break que se resolveu cunha vantaxe mínima a favor do Comercial Durán (12-15).
A xornada pechouse coa vitoria sen concesións do Emevé B fronte o equipo masculino do Club Voleibol Pontevedra, en tres sets moi claros (25-17, 25-18 e 25-12). Aos do Lérez resísteselles a vitoria neste comezo de liga no que acumulan xa tres derrotas. Terán unha nova aínda que complicada oportunidade de acadar o primeiro triunfo o vindeiro sábado (17.00 horas), cando recibirán no Multiusos da Xunqueira ao Fisioterapia Cinesia Noia.
Pola súa banda, o Comercial Durán feminino recibirá o sábado ás 19.30 horas no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva ao equipo coruñés do Galitrans Viajes Embajador UDC.