Sorte dispar para Mareantes e Pontevedra Rugby Club na terceira xornada de liga
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A terceira xornada da Primeira Terrirorial Gallega deixou sensacións contrarias nos dous equipos pontevedreses en competición.
Por un lado o Mareantes protagonizou unha clara e cómoda vitoria na casa ante un Zalaeta (26-0) que pecha a clasificación despois de ser incapaz de anotar en ningún dos seus dous partidos.
No outro extremo sitúase o Pontevedra Rugby Club, que encaixou unha dolorosa derrota nos últimos minutos en Lalín (17-15) despois de desaproveitar a ocasión de sentenciar o encontro cando dominaba por 5-15 nun partido caracterizado pola igualdade.
A pesar da derrota os lerezanos suman o seu primeiro punto ligueiro grazas ao bonus defensivo.
A próxima xornada o Mareantes xogará ante o Lalín RC mentres o Pontevedra Rugby descansará centrando todos os seus esforzos na quinta edición da Outubrofest, evento no que buscan financiamento para as súas categorías de base.