A pontevedresa Daniela Suárez, co equipo nacional infantil de natación artística
Por Redacción
Daniela Suárez segue queimando etapas na natación artística baixo a atenta mirada dos técnicos da Real Federación Española de Natación.
A deportista pontevedresa do Club Sincro Galaico é unha das poucas nadadoras de fóra de Cataluña ou Madrid citada á concentración que o equipo nacional infantil afrontará do 3 ao 6 de decembro na localidade madrileña de Buitrago de Lozoya.
Suárez, que o pasado mes de marzo sumou unha medalla no Campionato de España en todo un fito para a natación artística galega, é unha das 16 deportistas incluídas no programa de tecnificación nacional de categoría infantil.
Daniela vén de participar co seu club no recente Campionato de España de Rutinas Técnicas Júnior e de Rutinas Infantil celebrado na piscina olímpica M-86 de Madrid, e na que tamén tomaron parte outros dous clubs galegos como o RCN de Vigo e o Club SIncro Ourense.
Por parte do Galaico Sincro acudían 8 nadadoras na categoría júnior, así como 4 infantís para o campionato de figuras.
Na competición júnior as nadadoras Almudena García, María Maquieira, Helena Guimeráns, Uxía Saavedra, Alicia Laredo, Paula Riveiro, Catarina Penas e Inés Soto alcanzaron a posición 18, mentres que Paula Riveiro e Inés Soto foron 33ª no dúo e o Galaico Sincro acabou no posto 22 na xeral por equipos.
En canto á categoría infantil Daniela Suárez ocupou o posto 14, Nayeli Faro o 48, Antía Riveiro o 98 e Ariadna Millán o 172. A primeira delas, ao estar entre as 25 mellores, foi convidada a presentar a súa rutina nas probas de acceso á selección nacional, convencendo ás adestradoras coa súa representación.
Relacionadas:
-
A pontevedresa Daniela Suárez, subcampioa do mundo en natación artística
Por Redacción |
-
Daniela Suárez, a por todas no Mundial de natación artística infantil en Estados Unidos
Por Redacción |
-
Recepción provincial a deportistas do Club Galaico Sincro
Por Redacción |
-
A dobre campioa olímpica rusa Vlada Chigireva, de clinic en Pontevedra
Por Redacción |
-
Derrubando tabús coa natación artística masculina
Por Redacción |
-
Experiencia rusa para o Galaico Sincro
Por Redacción |
-
Daniela Suárez consegue para o Galaico Sincro unha medalla de prata no Campionato de España de Natación Artística
Por Redacción |