O Balonmán Pontevedra cae nos últimos minutos ante a SAR de Redondela (24-30)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Fíxoselle longo o partido ao Balonmán Pontevedra na visita da SAR de Redondela ao Pavillón Municipal dos Deportes (24-30).
O equipo lerezano mantivo o tipo durante boa parte do encontro, a pesar de que os visitantes marcaron a pauta no lectrónico tras o 1-0 inicial, única vantaxe local do partido.
A pesar diso os de Pedro Pérez mantivéronse no choque e estableceron en varias ocasións a igualada, a última delas a só 11 minutos do final (23-23).
Foi entón, aproveitando unha exclusión de Eloy López, cando os redondelanos empezaron a abrir brecha para decantar o duelo ao seu favor.
Despois de vencer na primeira xornada ligueira, o Balonmán Pontevedra encadea agora cinco derrotas consecutivas.
BM VITALDENT PONTEVEDRA (24): Anxo Otero, Bruno Montesinos (2), Ángel Soliño (9), Javi Suárez (2), Alberto Santiago (3), Gonzalo García (2), Hugo Urtaza, Eloy López, Jaime Iglesias (3), Fernando Rey (3), Pablo Galán.
SOCIEDAD ATLÿTICA REDONDELA (30): Martín, Damián Rodríguez (3), Iñaki Couñago (2), Monroy (1), Andrés Pérez, Ocampo (2), Fernando Conde (4), Manuey Rey (9), Soage (7), Carlos Rey, Castellano, Ferreira (2), David Parcero, Colinas.
Árbitros: Menchén Pérez e Giménez Navarro.
Marcador cada cinco minutos: 2-2, 2-4, 4-5, 8-9, 9-11, 13-13, descanso, 16-15, 19-19, 22-21, 23-23, 24-26, 24-30.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.