Cuarta vitoria seguida do Sanxenxo, que se leva o derbi ante o Villalonga en San Pedro (1-2)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Empezou a liga o Sanxenxo con dúas derrotas que acenderon as alarmas, pero dende entón os de ÿscar García non volveron perder despois de oito partidos e tras sumar no derbi o seu cuarto triunfo consecutivo alcanzan o coliderado.
Os amarelos impuxéronse nun partido entretido, con moitas ocasións, ante o Villalonga en San Pedro (1-2) e fixérono ademais remontando o gol inicial de Antonio para os celestes.
O Sanxenxo non se descompuxo e logrou dar a volta ao marcador grazas a dous tamtos de Nel.
Este resultado supón ademais a segunda derrota da tempada, e de xeito consecutivo, do Villalonga de Julián Ferreiro.
VILLALONGA FC (1): Albor, Ramón (Rego, min.50), Cistóbal, Leo, Cuqui, Adrián Santos (Héctor, min.59), Antonio, Arias, Juanito (Gabi, min.77), Saúl, Jorge Fernández.
XUVENTÿ SANXENXO (2): Velay, Tinaia, Javi, Fon, Minso, Cañi, Diego Blanco, Cerqueiras (Róber, min.84), Hugo (Dani, min.57), Nel, Cuchi (Darío, min.73).
Árbitro: Fernández Lodeiro (Santiago). Amoestou a Adrián Santos, Leo, Cristóbal e Jorge Fernández e aos visitantes Darío e Fon.
Goles: 1-0 Antonio, min.26; 1-1 Nel, min.40; 2-1 Nel, min.64.
Incidencias: Partido disputado no estadio de San Pedro, Vilalonga.