O Portonovo salva un punto ante o Céltiga (1-1)
Por Redacción
A falta de acerto de cara a portaría impediu a remontada do Portonovo na visita do Céltiga a Baltar (1-1).
Os insulares adiantáronse nos instantes iniciais do partido grazas a un penalti transformado por Janeiro, pero os locais gozaron de ocasións para neutralizar a vantaxe sen esperar ao tramo final do encontro, como sucedeu finalmente.
Entre estas oportunidades, e algunha do Céltiga para asegurar o triunfo, Suso Vidal logrou a igualada a falta de dez minutos salvando un punto para os arlequinados.
Despois de sumar tres xornadas sen perder, con dous triunfos e un empate, o Portonovo poñerá a proba a súa reacción a próxima semana visitando un dos colíderes, o Ribadumia.
PORTONOVO SD (1): Marcos, ÿscar García (Dopazo, min.75), Gándara, Iván Renda, César, Suso Bea (Iván, min.63), Suso Vidal, Víctor, Silva, Luis Alberto (Rodri, min.90), Suso Martínez.
CÿLTIGA FC (1): Ruchi, Janeiro, Bolo, Borja (Rubén, min.68), Carlos, Unai, Mouro (Berto, min.50), Javi, Dieguito, Iago Martínez, Ameneiro (Álex, min.67).
Árbitro: Correia Caballero. Amoestou aos locais Suso Bea, Silva, Suso Vidal, ÿscar García, César, Suso Martínez e Marcos e aos visitantes Ameneiro, Iago Martínez, Janeiro, Borja, Carlos e Rubén. Expulsou por dobre amarela ao xogador do Portonovo Iván Renda (min.90).
Goles: 0-1 Janeiro de penalti, min.5; 1-1 Suso Vidal, min.80.
Incidencias: Partido dispuado no estadio de Baltar, Portonovo.