O Xuven confírmase cun gran triunfo ante o Grupo Eulen (83-57)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O rendemento do Xuventude Conservas de Cambados deixou de sorprender no seu debut na Adecco Prata.
Os amarelos asinaron este sábado o seu segundo triunfo en tres partidos de liga e de novo arrastrando o seu rival, esta vez ao Grupo Eulen abulense (83-57).
O Pombal vibrou co seu equipo nunha noite na que o Xuven dominou dende o inicio ante un conxunto visitante que só gozou de vantaxe tras un triplo Méndez no inicio do choque (2-3). A resposta local foi un parcial de 7-0 que enviaba unha mensaxe clara ao seu rival.
Apoiado nunha intensa defensa o Conservas de Camabados foi incrementando paulatinamente a súa vantaxe ata o descanso (39-24).
Calquera intento de reacción visitante foi desactivado ao instante polos amarelos, que sentenciaron o partido ao inicio do terceiro cuarto cun contundente parcial de 12-0 que afundiu aínda máis ao Grupo Eulen.
Ander García, con 18 puntos, e Orellano, con 14, destacaron no aspecto anotador para os locais.
CONSERVAS DE CAMBADOS (83): Orellano (14), Alberto Rodríguez (10), Norman Rey, Merino (2), Taylor García (9) -cinco inicial- Ander García (18), Lucas Vaquero (7), Juan Mato (9), Diatta Diop (6), Patiño (2), Oubiña (6).
GRUPO EULEN (57): Carles Marzo (1), Méndez (7), Guillermo Justo (13), Herrero (6), Fernando Fernández (6) -cinco inicial- Mikel Duty (10), Arturo Fernández (10), Bermejo (1), Bethencourt (3).
Árbitros: Vázquez García e Pazos Pazos.
Parciais: 22-16, 17-8, 23-16, 21-17.
Incidencias: Partido disputado no pavillón do Pombal, Cambados.