Dirugeris decide sobre a bucina ante o Askatuak (68-70) na segunda vitoria do Peixe Galego
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Segundo triunfo da tempada para o Marín Peixe Galego na súa visita á cancha do Akatuak vasco (68-70).
Os de Javi Llorente tiveron que suar do lindo no seu primeiro desprazamento do curso nun encontro moi igualado, cun rendemento irregular dos marinenses e que se decidiu cunha canastra sobre a bucina de Mark Dirugeris, depués de remontar no último cuarto.
O Askatuak comezou o partido con máis intensidade e logrou dominar o primeiro cuarto (19-13) ante un equipo 'peixe' que non espertou ata os segundos dez minutos (12-22), permitíndolle chegar ao descanso en vantaxe.
Pero cando os marinenses parecían ter espertado, á volta de vestiarios repetíronse os erros dando vida aos locais.
Tras comezar o último cuarto cunha desvantaxe de seis puntos, o Peixe Galego apertou os dentes para volver voltear o marcador e anotarse un triunfo que o sitúa nunha cómoda posición na clasificación da Adecco Prata.
Lucho Fernández, con 20 puntos, foi o máximo anotador do encontro.
ASKATUAK (68): Beñat (15), Andia (8), Asier Arzallus (9), Urtasuni (13), Aritz Martínez (10) -cinco inicial- Kane (2), Javier Pérez (9), Ndiaye (2).
MARÍN PEIXE GALEGO (70): Manuel Ferreiro (1), Luis González (3), Aramburu (14), Albert Homs (2), Al Rapier (11) -cinco inicial- Darío Suárez (7), Lucho Fernández (20), Gregorio Adón (2), Dirugeris (10).
Árbitros: Quintas Álvarez e García Balzategui.
Parciais: 19-13, 12-22, 15-5, 22-30.
Incidencias: Partido disputado no Polideportivo José Antonio Gasca de San Sebastián.