Quenda para as roldas decisivas no Torneo Internacional de Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As semifinais femininas do XII Torneo Internacional Júnior de Sanxenxo quedaron configuradas despois dunha intersante xornada de tenis no Círculo Cultural Deportivo.
Pola parte superior do cadro segue avanzando a rusa Miroshnichenko, que tras derrotar a principal favorita desfíxose este xoves da tenista holandesa Arianne Hartono e enfrontarase agora á romanesa Elena Ruse, que se impuxo a Lana Rush.
Na outra parte do cadro enfrontaranse dúas xogadoras que non partían como cabezas de serie, como son a británica Jodie Burrage e a rusa Natalia Vikhlyantseva.
Máis lentamente avanza a competición masculina, aínda en cuartos de final, onde destaca o enfrontamento de dous tenistas españois como Carlos Taberner e Álvaro López.