Esixente debut ligueiro para o Arxil ante o Universitario de Ferrol
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Empeza o serio para o Arxil. Despois dunha intensa pretempada as verdes preparan o inicio ligueiro na Liga Feminina Dous ante o Universitario de Ferrol (sábado 19:30 horas no CGTD).
O equipo pontevedrés afrontará o seu debut ante un duro rival que hai poucos días derrotou claramente as arxilistas en semifinais da Copa Galicia (90-49).
Mayte Méndez traballa en fortalecer o xogo interior das verdes, un dos puntos claves no partido da pasada semana.
O Arxil intentará mellorar a imaxe do pasado ano, cando ocupou a praza de descenso a final de campaña e logrou posteriormente a permanencia nos despachos.
Tras o partido ante o Universitario de Ferrol as lerezanas encontraranse na segunda xornada a outro óso duro, o Ensino de Lugo.