Adrián Camiño despídese da tempada tras confirmarse unha rotura do ligamento cruzado
Por Redacción
Duro golpe para o Arosa adestrado por Piscis, que queda sen o seu capitán polo que resta de tempada despois de confirmarse os peores prognósticos posibles.
Adrián Camiño, que se retirou entre bágoas do encontro do pasado domingo ante o Somozas, rompeu o ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo.
Así o confirmou o club vilagarciano tras coñecer o resultado da resonancia magnética á que foi sometido Camiño no Hospital Miguel Domínguez na tarde noite do martes.
A sensible baixa no centro do campo arosista podería levar o club arlequinado a rastrexar o mercado en busca dun reforzo que cubra a ausencia do capitán.