Empate no último suspiro para o Mareantes no seu debut ligueiro (19-19)
Por Redacción
O Mareantes iniciou a súa defensa do título na Primeira División Galega cun sufrido empate ante o Universidade de Vigo B en Monte Porreiro (19-19).
Nun partido moi igualado os pontevedreses non puideron impoñerse a un equipo vigués que dominou durante moitos minutos no marcador.
Cando parecía que o triunfo ía ser visitante un ensaio na última xogada conseguiu salvar un empate que estrea o cadro de puntos do Mareantes, despois de descansar na primeira xornada de liga.
A próxima fin de semana o equipo lerezano visitará o campo do ata agora último da competición, o Club Deportivo Zalaeta de Arteixo.