Empate do Pontevedra B (1-1) en Caselas e primeira vitoria do xuvenil (4-1) sobre o Atlético Perinés
Por Redacción
Repartición de puntos que fai xustiza ao visto sobre o campo da Gándara. O Caselas dominou o primeiro tempo e adiantouse ao fío da media hora ao rematar Cousido un lanzamento de esquina.
O filial granate foi mellor na reanudación e conseguiu a igualada na recta final, a falta de dez minutos, cando Víctor remata dende o interior da área e o balón, tras rebotar nun defensa, remata no interior da portaría local.
CASELAS (1): Gabri; Koeman, Bugallo, Denis, Charli, Berto (David Souto, min. 55), Manu, Telmo (José Ángel, min. 88), Samuel (Rafita, min. 75), Hugo e Michael (Cousido, min. 15).
PONTEVEDRA B (1): Adrian; Uru, Marou, Emilio, Puyi (Juan Ignacio, min. 57), Héctor, Víctor, Paco (Cuesta, min. 80), Kevin Levis, Félix (Kevin Presa, min. 90) e Diego (Collazo, min. 70).
Árbitro: Queija Domínguez. Amoestou polo Caselas a Charli, Cousido e Telmo, e polo Pontevedra B a Marou, Kevin Levis e Juan Ignacio.
Goles: (1-0) Minuto 30: Cousido. (1-1) Minuto 80: Víctor.
Incidencias: Campo da Gándara (Salceda de Caselas). Ao redor de 150 espectadores.
PRIMEIRA VITORIA DO XUVENIL
Vinte minutos de bo xogo serviron ao Pontevedra xuvenil para derrotar ao Atlético Perineos e conseguir a súa primeira vitoria da tempada na división de honra e abandonar así o último posto da clasificación.
Roberto, Agustín e Buba puxeron unha distancia insalvable no marcador ao pouco de comezar. Logo deixaron pasar os minutos con relativo perigo, xa que os cántabros reduciron distancias e mesmo tiveron unha boa ocasión para poñerse a só un gol por debaixo. Ricardo completaría a goleada co partido a punto de rematar.
PONTEVEDRA (4): Alejandro; Daniel, Iago, Nicolás, Alberto, Jaime (Mario, min. 73), Gonzalo, Tomás, Agustín (Abraham, min. 57) Buba e Roberto (David, min. 83).
ATLÿTICO PERINÿS (1): Mario; Carlos, Cristian (Vidrel, min. 46), Pablo, Lucas, Jose, David, Alejandro (Jorge, min. 66), ÿscar, Sergio (Francisco, min. 60) e Diego.
Árbitro: Alejandro Muñiz (Colexio Galego). Amoestou a Tomás, Gonzalo e Daniel, polo Pontevedra, e a Cristiana, polo equipo cántabro. Expulsou con vermello directo a Garrido, suplente do Atlético Perinés.
Goles: (1-0) Minuto 3: Roberto. (2-0) Minuto 8: Agustín. (3-0) Minuto 19: Buba. (3-1) Minuto 67: Diego. (4-1) Minuto 89: Ricardo.
Incidencias: Sintético da Xunqueira. Ao redor de 100 espectadores.