Running para adultos, nova proposta da Sociedad Gimnástica
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica pon en marcha unha nova iniciativa para fomentar a práctica deportiva entre os pontevedreses de forma regulada e supervisada.
Trátase da creación de grupos de running para adultos, unha iniciativa pensada inicialmente para socios da entidade ou para pais e nais de alumnos da súa escola.
Esta iniciativa estará dirixida polo atleta e técnico Víctor Riobó, ofrecendo a posibilidade de realizar adestramentos orientados ao traballo de carreira e adaptados ao nivel e características de cada participante.
Os adestramentos, en grupos de 25 persoas, comezarán o próximo 4 de outubro na Illa das Esculturas, estando previsto que se prolonguen ata o mes de xuño. Terán lugar o luns e mércores en horario de 18.00 a 19.00 horas e o martes e xoves entre as 17:00 e 18:00 horas.
A cota para participar nos grupos de running para adultos é de 25 euros ao mes.